martes, 7 de enero de 2014

Volta o traballo nas Escolas

A partir de maña, día oito, volven as escolas provinciais de Predeporte, Prebasket e Baloncesto, as cales pararon durante as vacacións de Nadal, así mesmo, as Andainas da Escola, actividade dirixida os país e nais, para que durante, os adestramentos do seu fillo ou filla poidan facer exercicio da man do preparador físico do Club e un monitor, os cales se encargan de deseñar rutas e marcar distintos exercicios en función das necesidades de cada un.

Tamén volve a competición escolar, que comeza este fin de semana, os horarios dos encontros poderán consultalos o longo desta semana.