jueves, 9 de enero de 2014

Nova concentración das Preseleccions Mini Galegas

Este domingo, día 12 de xaneiro volta o traballo de seleccións galegas, este caso coa categoría Mini, tanto masculina coma feminina, celebrarase unha concentración no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro da Estrada a partir das 09:30 hrs.
Por parte do Club Estudiantes Lugo, no apartado masculino acudirá, Lucas Álvarez Cigarrán, único convocado da delegación lucense.
No caso da preselección feminina, contara coa presenza de María Corredoira López, do equipo vinculado Maristas Estudiantes.

Ambos estarán acompañados dun dos adestradores do Club, Fernán Varela, que formara parte do Staff Técnico da selección galega mini Feminina.