lunes, 30 de septiembre de 2013

Vitoria do EBA "in extremis"

Fedesa Rosalia (79) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (80)


O primeiro partido oficial do ano arrancaba cun ritmo de xogo e fluidez ofensiva, pouco habituais para este momento da tempada. Dominamos no primeiro cuarto grazas á superioridade en pintura e ao ritmo defensivo sostido por todas as rotacións.

Os segundos dez minutos foron de clara cor local, grazas a que encontraron un filón e o rebote ofensivo que lles deu moita tranquilidade en ataque. Tras o paso por vestiarios solucionamos o problema no rebote e anotamos con gran fluidez grazas a saídas a contraataque ou bos tiros liberados. Ata que mediado o último cuarto parecía que rompiamos o encontro marchandonos por 11 puntos. Pero os locais apertaron de novo e conseguiron chegar a un final igualadisimo que se resolveu ao noso favor grazas ao acerto nos tiros libres.


Valoración do adestrador:

"Encontro no que mostramos carácter gañador e soubemos refacernos no tramo fina para levarnos un choque de gran nivel para as alturas de tempada en que nos encontramos."


Próximo rival.

O sábado que vén visitaremos a dificilísima cancha de Chantada, que estea ano parte como favorito a gañar tanto a copa coma a liga, xa que mantén o bloque destes últimos anos e se reforza con xogadores de primeiro nivel como Michael Conde e sobre todo Rubén Vila.