jueves, 23 de enero de 2014

Nova paxina web do Club Estudiantes Lugo



O Club Estudiantes Lugo esta poñendo a punto o seu novo canle de información, unha paxina web onde todos os estamentos do Clube terán cabida, dende as escolas de predeporte e Prebasket ata o equipo de Liga EBA pasando polas escolas do Bierzo, Becerreá e todas as actividades paralelas que organiza o clube como as Andainas, As matinais ou distintos campamentos urbanos.
Tamen dentro da paxina web ábrese unha tenda co Merchandasing oficial, que se ira aumentando.
Dita paxina encontrase agora en período de probas, o longo do mes de febreiro poderase ver o formato definitivo.


Se estas interesado en colaborar, con fotos, publidade , etc. podes poñerte en contacto co Club no correo electrónico colaboraciones@estudianteslugo.com ou nos teléfonos 982 224 403 / 674 279 896 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

jueves, 9 de enero de 2014

Xornada desta fin de semana


Nova concentración das Preseleccions Mini Galegas

Este domingo, día 12 de xaneiro volta o traballo de seleccións galegas, este caso coa categoría Mini, tanto masculina coma feminina, celebrarase unha concentración no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro da Estrada a partir das 09:30 hrs.
Por parte do Club Estudiantes Lugo, no apartado masculino acudirá, Lucas Álvarez Cigarrán, único convocado da delegación lucense.
No caso da preselección feminina, contara coa presenza de María Corredoira López, do equipo vinculado Maristas Estudiantes.

Ambos estarán acompañados dun dos adestradores do Club, Fernán Varela, que formara parte do Staff Técnico da selección galega mini Feminina.


martes, 7 de enero de 2014

Volta o traballo nas Escolas

A partir de maña, día oito, volven as escolas provinciais de Predeporte, Prebasket e Baloncesto, as cales pararon durante as vacacións de Nadal, así mesmo, as Andainas da Escola, actividade dirixida os país e nais, para que durante, os adestramentos do seu fillo ou filla poidan facer exercicio da man do preparador físico do Club e un monitor, os cales se encargan de deseñar rutas e marcar distintos exercicios en función das necesidades de cada un.

Tamén volve a competición escolar, que comeza este fin de semana, os horarios dos encontros poderán consultalos o longo desta semana. 

viernes, 3 de enero de 2014

Campionato de Seleccions Cadete

Hoxe dá comezo o Campionato de seleccións cadete en Caceres, o Club Estudantes Lugo achega parte da selección masculina que disputara o devandito torneo, comezando por un dos integrantes do Staff TecnicoAlvaro Abuín, adestrador do Infantil Autonomico.

A parte entre os doce seleccionados conta coa presenza de Pablo FerreiroAlvaro Couselo e Joel Kabimba, todos eles pertencentes ao Cadete de liga galega.
Toda a familia do Club Estudantes quere facerlles chegar todo o animo e sorte neste Campionato.

PAXINA WEB DO CAMPIONATO


martes, 31 de diciembre de 2013


Que paseis una Feliz Navidad a lado de todos vuestros seres queridos y amigos cercanos, y un Próspero Año Nuevo.